Entrevista nº 1805

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Entrevista sobre a vida como redeira e traballando na cordelaría na Guarda. Narra como comezou traballar de moi nova na cordelaría, como eran as condicións, en que consistía o traballo e cantos anos estivo ata que o deixou por casarse. Posteriormente traballou de redeira, e narra tamén como era ese traballo. Pasa a falar entón da fame que se viviu na zona mariñeira da vila e do cambio económico que produciu o seu crecemento. Narra entón como foi criar ás fillas co home embarcado sendo mariñeiro. Tamén aborda lixeiramente a labor da Confraría de Pescadores, a cuestión de que as mulleres non cotizaban xeralmente e tamén da Casa do Pescador. Fala despois das festas do Carme, dos accidentes no mar, do secretario da Confraría de Pescadores, das rivalidades Ribadavila-Aldea e remata facendo a súa consideración sobre o cambio a mellor no nivel de vida e no xeito de facer redes.