Empeza falando sobre o as súas orixes e familia, de clase media alta. Fala do seu bisavó que estivo nas Cortes de Cádiz. Fala da posguerra e do racionamento, e de como a súa nai puido manter a os seus fillos a causa das rendas que cobraba das súas propiedades e de poder ir á aldea a coller alimentos. Reflexiona sobre que memoria lle deixou a el a fame. Fala das súas primeiras lembranzas, coa familia e nos colexios de curas. Adoitaban botalo da escola. Sigue falando da súa infancia. Fala da súa nai, chorando, ante a ausencia do home e a complicada situación do país. Fala como dende a familia da súa nai se sometía ao seu pai, exiliado polítco, era sometido ao escarnio público, e acosado de delincuente e de ter abandonado á familia, cando era mentira pois o pai se mantiña en contacto con eles. Sigue reflexionado sobre o seu pai e as súas conviccións e ensinanzas. Clasifica ao seu pai como racionalista e fervente defensor dos valores da revolución francesa, os valores democráticos. Fai unha reflexión sobre o campesiñado galego e as súas penurias. Sigue falando do seu pai e de como este comezou a ter interese da política. O seu pai era Masón, polo que falan sobre como eran as dinámicas de sociabilidade e relación dentro da organización. Falan sobre o Golpe na Coruña e sobre a detención do seu pai. Cre que un cura foi o que salvou ao seu pai da morte. Fala dos “paseos” na cidade. O pai salvouse porque lle deron un salvoconduto por Portugal e tivo a protección dun familiar militar fascista e dos seus compañeiros masóns que o levan ata o barco. O primeiro destino ao que chega é Cuba, un campo de concentración. O embaixador republicano en Cuba sácao de aí. Mándano a el a unha escola que di que está “a las orillas del Miño”. Fala sobre a súa etapa escolar e como lle inflúe o ter un pai exiliado “cállate que tú eres un hijo de rojo”. Tamén fala da represión sufrida polo resto dos irmáns. Fala tamén da represión doutras familias de “rojos” na cidade. A eles saqueáronlle a biblioteca do seu pai. Logo foi estudar a Santiago, onde perde a fe. Acaba por falar do funeral do seu pai.