Entrevista nº 182

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

A vida dunha moza de dereitas durante a guerra e a posguerra en Santiago. Os compañeiros de estudo e o pai que marcharon voluntarios á fronte. O traballo na Sección Femenina con nenos recollidos polo exército nacional no seu avance sobre Asturias. O negocio familiar de hostelería e os hóspedes que quedaron na guerra sen poder voltar ás súas casas. A vida cotiá na posguerra, cos problemas de escasez; os estudos de maxisterio; o traballo da Sección Femenina. O lecer e as relacións sociais: os bailes, os paseos, os mozos. Algunhas lembranzas da política na República e da sublevación militar. A viaxe a Burgos a unha concentración. O estraperlo.