Militante das Mocedades Galeguistas, dende os 15 anos participou activamente na propaganda do Estatuto. Presencia a lectura do bando da sublevación e únese a un grupo de militantes comunistas que forman patrullas. Tras algúns incidentes con mozos de dereitas procura refuxiarse na casa. Afíliase ao S.E.U. para evita-la represión. Detido en febreiro do 37; no relato do interrogatorio repasa incidentes anteriores á guerra: un tiroteo e o enterro dun militante comunista asesinado. Incorporado a filas chega unha denuncia por ter participado nunha manifestación a prol do Estatuto de Cataluña e envía á súa nai a pedir certificados de conducta e pagar algún pequeno soborno. Repasa varios dos asasinatos dos que soubo. Despois da guerra faise mestre.