Entrevista nº 20

  • Fondo HISTORGA Xeral

Resumo

Ex-xefe local de Falange e co-propietario de Radio Vigo. Daquela expulsado da Falange relata os primeiros momentos do alzamento en Vigo. Ponse a disposición do Capitán Carreró. Preocupado pola súa muller e fillas acordan que vai cunha máquina de ferrocarril primeiro a O Porriño para atoparse con elas e logo que a máquina siga de exploración cara a Tui, aínda que ésta non pasará xa das Gándaras de Budiño onde o paso está pechado. Tamén a petición de Carreró vai en barco ata Panxón a recoller a un grupo de veraneantes que querían voltar a Vigo. Lectura do bando militar. Enfrontamento co anterior alcalde de Vigo que o amenazara con incautar a emisora. Fala do comandante Felipe Sánchez e de cómo se lle impuxo Carreró.