A familia do entrevistado. A situación socioeconómica de San Ciprián de Burela e de San Salvador de Bergondo. A pesca, a agricultura. Como se coñeceron os pais. A súa infancia. A escola. Os negocios do pai e a vida de mariñeiro. Máis cultura en San Ciprián que en Gandarío debido aos mariñeiros. A chegada da República. A relixión. O seu primeiro contacto co movemento anarquista. Os ingresos familiares e o ingreso do entrevistado nun taller para aprender o oficio de Ferreiro no 33. Ambiente político de Sada antes do 36. Pai simpatizante da URSS. Non había Partido Socialista en Sada, só había CNT, onde militaba o entrevistado. O ocio. Conflitos na época da República: folgas, manifestacións, enfrontamentos con esquiroles… Os dirixentes da dereita en Sada antes do 36. O golpe de Estado e a súa resposta. En Coruña é salvado polo médico de Sada, que era falanxista. As requisas de armas. A represión en Sada nos primeiros días. O entrevistado estivo escondido no monte ao volver de Coruña. Dase conta no 37 de que ía perder a guerra a República. Coñece en Sada ao pai de Franco. A súa incorporación no Exército franquista para poder cruzar a fronteira e o seu intento de organizar un grupo de resistencia dende dentro. A fronte de Teruel. En Bétera, Valencia, cando remata a guerra; intenta escapar alí. A volta de Valencia a Sada. A II Guerra Mundial. A súa decepción con EUA. Estadía no cárcere, na Modelo. Proceso xudicial. O obxectivo da loita guerrilleira do Partido Comunista dende o seu punto de vista. Énfase na desafección da poboación co Movimiento. Ao rematar a loita guerrilleira, escapa a Francia con axuda do Partido Comunista. Logo vai a Cuba. A Política de Reconciliación Nacional en 1952. A súa relación con Santiago Carrillo. O V Congreso do PC en Praga, ao que asiste. Política internacional. A monarquía.