Entrevista nº 2009

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Testemuño da ribadense Pilar, filla de Florencio Carballo Novigil, mariñeiro pontevedrés do PSOE afincado en Ribadeo, asesinado na curva de Mondoñedo con 47 anos. Procede dunha familia especialmente esquilmada: o seu tío Enrique Navarret García e o seu primo Manuel Rodríguez Monteavaro foron asesinados. Outros tíos: Francisco e Luciano Rodríguez Monteavaro, así como Justo Navarret García estiveron presos.