Entrevista nº 2010

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Alóngase explicando como o seu pai compatibilizaba o seu traballo como estivador portuario e o de labrego. Tamén evoca a súa época colexial e algunhas imaxes do porto de Vigo cando comezou a súa andaina laboral. A partir de aí métese de cheo no acontecido no 36: participa na defensa armada contra o golpe do 36. É detido e condeado a prisión, pasando dende a illa do Lazareto ate Astorga, vivindo e participando na fuga do forte de S. Cristobal.