Entrevista nº 2016

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nun primeiro bloque, relátanse aspectos tanto da vida cotiá como política da etapa republicana. Incluso descúbrese a unha Isabel afeccionada ao deporte da piragua. Nun segundo apartado abórdase pormenorizadamente a represión exercida sobre a súa familia e o periplo persoal de cada un dos seus irmáns. Finalmente relátanse distintos aspectos da vida de posguerra, a relación coa comunidade, a relación cos falanxistas ou partidarios do novo réxime e o desenvolvemento da súa vida cotiá na sociedade franquista.