Educación das elites e clases medias republicanas, galeguistas e reformistas na Coruña (colexio Dequidt), relacións entre persoeiros republicanos (Benito Ferreiro con Fernando Blanco, secretario persoal de Santiago Casares Quiroga), vida cultural e política da cidade.
Acontecementos da Sublevación na Coruña dende a perspectiva dos que se atopaban dentro do Goberno Civil, vida cotián dun agochado. O entrevistado, fillo de Benito Ferreiro, ten que se sumar á Falange para salvar o pelexo da familia.
Frustración da actividade política e cultural do galeguismo nos inmediatos anos da postguerra a través da imaxe dun Benito Ferreiro que morre aillado na súa casa.