No relato abórdanse diversos temas: un coñecemento da figura do pai e o seu asasinato. Tamén datos sobre a represión en xeral e un relato sobre a morte do famoso anarquista afincado en Vigo, Cesar Rosas, agochado con outro compañeiro na casa do entrevistado. Fálase da actividade da nai axudando a pasar fuxidos a Portugal e das vivencias do entrevistado como neno, que chegou a actuar como enlace clandestino. Finalmente abórdanse distintos aspectos do franquismo.