Entrevista nº 2037

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Tras unha cuestións iniciais, a entrevistada fai unha narración da represión dos seus pais na que algunha lembranza mistúrase co que lle transmitiron os avós sendo moi nena. Logo vai contestando unha serie de preguntas. Ademáis dos datos xa coñecidos, aporta o nome de todos os mortos no bou e tamén o dun amigo do seu pai axustizado a garrote posteriormente, así como o do seu tio paterno, Jacinto Nogueira apresado e condeado a traballos forzosos por longos anos, tendo que estar fóra de Galicia, dende Reus ate Almadén ou o Dueso. Conta abundante vivencias da súa infancia en relación coa represión e atamén algúnha lembranza da República, por exemplo unha festa comunitaria do Primeiro de maio de 1936. Celebración que se sigue levando a cabo na clandestinidade na casa dos avós onde aprende cancións de tinte social e político comúns na República, que canta na grabación.