Testemuño do estradense Heriberto Rodríguez Bermejo, vernizador-lacador que con 19 anos é detido pola súa filiación uxetista. Pasará polas prisións de San Simón, Pontevedra, polo campo de concentración madrileño Miguel de Unamuno e estará no batallón de Traballadores de Canarias e Marrocos. O seu irmán Eduardo tamén sufrirá o cárcere. Rematará emigrando a América para escapar da presión estradense.