Entrevista nº 2043

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A entrevistada fai unha narración moi centrada no tema, contando vivencias de antes da guerra, pasando logo aos seus recordos do sucedido tras o golpe de estado e do acontecido co seu pai. O máis destacable é a ausencia do pai durante anos e o seu encarcelamento. A entrevistada lee unha breve reseña escrita polo seu pai no que narra todo o seu proceso represivo. Tamén a memoria da fame está moi presente. Despois do relato contesta a diversas cuestións con distintos resultados, nuns casos nada ten que aportar noutros apunta feitos moi relevantes, dende as torturas que se producian no cuartel da garda civil, escoitándose asiduamente os berros no camiño, ate as secuelas mentais que tivo o seu pai, pasando polo recordo das bombas lanzadas no monte próximo a onde vivía ou como anos despois a xente, especialmente os homes, reuníanse na casa dun veciño a escoitar na radio os discursos da Pasionaria e Carrillo.