O interese desta entrevista radica non tanto no que aporta sobre os represaliados, senón no alcance da represión sobre os seus fillos que son separados da súa nai e da súa avoa materna e fican nas mans da súa avoa paterna, dereitista e católica que lles anula a memoria sobre os seus pais. Só moitos anos despois a entrevistada coñece de forma sesgada e fragmentaria o que acontecera cos seus pais e ao mesmo tempo vai adoptando unha actitude de repugnancia cara o réxime franquista e un afastamento da cuestión relixiosa, así coma unha crecente hostilidade cara a súa avoa paterna e tías coas que se criou. Imaxe moi vivido do afastamento dunha nena cara unha nai á que case que ignora cando sae de prisión, alentada polas mentiras da familia paterna. .