Entrevista nº 2047

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Entrevista moi clara e centrada no tema, narración ampla e moi interesante, aportando nomes de asasinados ou represaliados, entre eles o seu sogro do que conta o seu periplo de fuxida ate chegar a México. Da unha visión distinta dos cregos, neste caso en varios casos salvaron moita xente. Tamén saca á luz a figura dun garda civil que avisaba aos que corrían perigo de ser asasiñados. Da unha imaxe xa repetida noutras entrevistas dos falanxistas asasinos, amparados nos señoritos, non gañaron nada coas súas accións, eran de oríxes humildes e formación nula, algún case que tonto. Todos acabaron mal. Tamén di como os encargado da cadea e os presos comúns preparaban roubos e os achacaban aos fuxidos. Dous aportes moi interesantes: a filla de Martínez Garrido, Purificación, apareceu en Ponteareas subida nunha furgoneta e atada nun pao, quixeron asasinala pero impedíuno o alcalde Mauricio Troncoso, home de dereitas pero non falanxista. En segundo lugar aporta unha nova versión sobre o fresco, xa que era moi amigo do seu pai, así, en primeiro lugar apenas estivo polo monte senón agochado por un crego, en segundo lugar o fresco non morreu nunha refriega senón na casa onde estaba agochado, delatado por un criado portugués emborrachado polos falanxistas, Dende un burato nun faiado disparáronlle na cabeza, logo sacárono da forma xa coñecida para que semellara morto no monte. O home que o trasladou na carreta foi posteriormente asasinado.