O discurso do entrevistado céntrase nas vivencias del e da súa familia na localidade de Arnoia durante os anos trinta, xa que eran os republicanos da zona. Falounos do que lle acontecera ao primo seu José Meixengo, ao seu tio César Alberte, que foi paseado, e as obrigas que tanto el como seu pai tiveron que facer nos primeiros meses tras o golpe militar. Despois el e o seu irmán Camilo Alberte estiveron no exército franquista. A historia é a dun adolescente que lembra as vivencias propias durante a República, a guerra civil (na que participou nas ringleiras franquistas) e na posguerra.