Relata a súa experiencia como neno dunha familia represaliada, conta como se escapou o pai e como encadearon á nai. Nos anos corenta el e o seu irmán incorpóranse á guerrilla onde están 2 e 3 anos respectivamente. Conta algunhas das accións que protagonizaron desde a II Agrupación e como o collen a el. Tamén como vai polas diferentes cárceres do estado, nas que pasa 10 anos.
A historia é a dun adolescente que lembra as vivencias en Sandiás e na guerrilla sobre todo pola zona da Limia, onde regresa ao saír do cárcere nos anos sesenta e funda de novo o PCE na comarca.