A súa experiencia no franquismo céntrase na lembranza do seu pai, xa que cando foi adolescente traballou na mesma empresa que el. Estivo durante anos buscando o paradero do seu pai que foi asasinado na provincia de León, e participou no levantamento dos cadáveres en Priaranza del Bierzo no 2002. Tamén estivo na emigración en Suíza.