Mantén un discurso aprendido, axudado polo seu fillo Alberte Pérez Viso, que fóra quen nos achegara o contacto. Fala dos acontecementos ocorridos en Gomesende e do seu pai, Celso Pérez Enríquez, alcalde de Gomesende e deputado provincial en Ourense, asasinado en 1936. Tamén se referiu a súa emigración en América desde 1946 e á súa actividade como secretario da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires. En 1981 participou no traslado dos restos do seu pai do cemiterio da Bola a Gomesende.
A historia é a dun adolescente que lembra as vivencias en Gomesende, cando collen ao seu pai e o matan e como ve que se vai desfacendo o negocio familiar de ultramarinos polos continuos saqueos. Dá nomes dos represores.