Aporta datos interesantes sobre as oríxes familiares e do pai emigrado a USA. Ten lembranzas moi vívidas da vida na casa tralo asasinato do irmán. A diferenza doutros entrevistados, ten un coñecemento bastante importante do irmán, da súa actividade antes do golpe do 36 e do acontecido logo. Aporta algúns datos sobre algúns dos asasinados xunto ao irmán así como doutros compañeiros presos con el e que logo pasaron tempo na cadea e quedaron libres. Moitos deles marcharon posteriormente a América, varios a Cuba. Tamén aporta algunha información que lle deu a ela algún dos que estiveron presos co irmán. Por exemplo un deles non quería velo porque sabía que o ían matar e non podía enfrontarse a el e a futura vítima ía buscalo e lle daba ánimos. Tamén relata como por tres veces chegou de Vigo un militar á Cañiza dicindo que non tiñan motivos para matalos, pero individuos influíntes da localidade insistiron en que non podían quedar vivos por ser moi perigosos. Ofrece unha crónica moi interesante, con bastante información e ben trabada.