Entrevista nº 2074

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A entrevista consta de dúas sesións. A do día catro de agosto comeza cunha semblanza, un tanto extensa, da vida do entrevistado apuntando datos moi interesantes sobre a etapa infantil compartida co seu pai. Logo vai contestando cuestións a todo o que atinxe á etapa anterior ao golpe de estado do 36, dende a súa vida familiar, como a actividade laboral ou política do seu pai, amosándose moi claramente o nivel económico e a relevancia política e socio-laboral do persoaxe. A sesión do día 28 de agosto, céntrase na represión. Incídese en aspectos sinalados o día catro e profundízase tanto na detención e morte do pai, como na represión nun sentido amplo. Incluso sinala o nome de quen a súa familia considerou o instigador da morte do pai, como de varios coñecidos represores de Pontevedra e comarca. Finalmente, contesta varias cuestións sobre as súas vivencias no franquismo