Testemuña da estradense Dolores Coto Abal, filla de Manuel Coto Chan, carniceiro que rexentara diversos negocios na Arxentina (a súa familia creou un emporio alí). Segundo tenente de alcalde da Estrada, foi presidente do Partido Radical Socialista, estivo fuxido varios anos na súa aldea natal en Cuntis. Sendo Dolores nena foi feito preso, pasou polos cárceres de Pontevedra, El Dueso e Brunete, falece con 47 anos cando Dolores contaba con 17.