Entrevista breve, non tanto pola súa intranscendencia senón porque a entrevistada cínguese literalmente ao tema. Non ten moita información de antes da guerra, e tampouco unha crónica excesiva da represión do pai, nin da súa vida posterior. Pero, en conxunto, resulta unha historia interesante que corrobora aspectos xa visto noutras. Neste caso a nai inculca aos fillos un antifranquismo visceral, sen profundidade intelectual pero moi intenso. Temén fomenta una enemizade prolongada cos veciños que testificaron contra o seu pai que incluso durou cos fillos destes e descendentes.