Entrevista moi centrada no tema. Son tres os apartados nos que se artella. A etapa de anteguerra, onde se presenta a vida do represaliado, dende a casa, a súa afección á música ou a súa participación nun rico asociacionismo cultural ate a súa actividade política. Ainda que sobre este último tema non ten moito relato, ten máis coñecemento que outros entrevistados, máxime tendo en conta a súa idade. A segunda parte cínguese á represión. Aporta boa información, non só sobre o seu pai, do cal destaca a súa estancia en S. Simón e a participación nunha rondalla de presos, senón tamén sobre distintos represaliados de Marín, incluso da o nome da única muller asasinada da vila, que outros entrevistados só recoñecían polo alcume. O último apartado, céntrase no franquismo, aquí se funde o relato transmitido coas vivencias da entrevistada. Un dato especialmente interesante é a continuidade do pai na militancia política e o contacto cos mozos que o aprecian e valoran.