Entrevista nº 2101

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Entrevista moi interesante, ademais de polo descobremento do poliédrico perfil do pai represaliado - combina cargo evanxélico, lider sindical da CNT, concelleiro nove anos en Marín (xa antes da República), representante mesa electoral no 31...- pola moita información que aporta, tento da etapa republicana como da represión, aportando abondantes nomes de represaliados, desoñecidos pola bibliografía existente, e tamén nomes de represores. O apartado que atingue ao encadeamento e ocultamento do pai teno redactado (fixoo recentemente sabendo que ía ser entrevistado). É unha boa redacción, clarifica e da moitos detalles do proceso e os feitos están moi detallados, respetando a dimensión temporal na que se ían sucedendo. Unha entrevista en definitiva das que se poden considerar moi valiosas, tanto pola memoria do entrevistado, como pola súa capacidade narrativa. Neste caso, pode que o valor que os evanxélicos teñen dado á lectura e ao falar en público, se volva un elemento de axuda para a calidade da propia entrevista, realizada a un mariñeiro que aos 11 anos comezou a traballar.