Testemuña da estradense Consuelo Rodríguez Vila, filla de José Rodríguez Sangiao (preso e fusilado do PC con 38 anos), inda que era unha nena, conserva o recordo de todo aquilo que lle transmitiron. José foi directivo da Sociedade Agrícola de Guimarei, así como Presidente do Comité Executivo da Federación de Labradores, foi procesado no 1932 polo conflicto que se vivía na parroquia entre Sindicato e mestre. No 1936 entra como concelleiro de Instrucción Pública polo PC.