Un primeiro bloque da entrevista está adicado a antes do 36 e a represión desencadeada tralo golpe, centrándose maiormente no eido da súa familia. O informante sen ser aleccionado expresamente, vai intuindo o ambiente republicano e antifranquista da súa casa. Sabe dende sempre do acontecido co pai e da actividade da nai cos presos do Lazareto. O entrevistado dende cedo vaise posicionando intuitivamente no antifranquismo e no segundo bloque da entrevista relata a súa militancia no sindicalismo antifranquista e a súa orientación cara o nacionalismo de esquerdas, converténdose nunha persoa de considerable peso político. Foi un dos despedidos de Citroen, xunto con Camilo Nogueira, nas folgas do 72.