Entrevista nº 2120

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Trátase dunha entrevista moi complexa. En primeiro lugar é caseque un monólogo da entrevistada, no que apenas caben preguntas. O seu relato non é lineal senon que vai dando saltos no tempo e introducindo informacións que non son pertinentes para o caso. O máis interesante é a parte final, cando desvela a axuda que distintas persoas da vila ofrecían aos presos da illa do Lazareto. Todo comezou porque alí había xente de Redondela e, a partir de aí, a axuda foise extendendo cara outros ainda máis necesitados. Por outra parte corrobora informacións dadas pola súa irmá.