Entrevista nº 2124

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A entrevistada aborda un bó relato sobre a represión sufrida por distintos membros da súa familia, aclarando algunhas imprecisións da información de partida sobre os represaliados, cuxo número foi seis, agás doutros membros residentes en Vigo que se salvaron por sorte. No relato da entrevistada, como no de tantos outros entrevistados, reflíctese a oportunidade que tivo o pai para fuxir, idea que foi rexeitada por considerar a futura vítima que non fixera nada malo... Tamén despréndese do relato que houbo unha serie de vítimas que foron sinaladas polo seu prestixio na comunidade e pola súa laboura humanitaria que non convencía ao clero, xa que era exercida por persoas de ideas progresistas. No caso do pai da entrevistada, tratábase dun lider socialista que ao mesmo tempo respectaba a tradición cristiá, casou pola igrexa, ía a misa os domingos e as súas fillas pequenas ían ao catecismo. Non así a súa filla Evangelina (fusilada por agochar na casa fuxidos), que casara polo civil. Tamén é moi interesante neste relato o apartado adicado aos represores, describindo a loucura na que acabaron varios deles. Di que cando chegou a transición, un se lle presentou na casa dicindo que el non participara no asasinato do seu irmanastro e que non tiña as mans tinguidas de sangue. Cousa que tamén berraba polas rúas, especialmente si vía ao que fora lider local dos falanxistas, ao cal se dirixía a berros negando feitos pasados. Un día este suxeito apareceu apaleado.