En liñas xerais, a entrevistada conta o proceso que leva á familia dende Málaga ate Ponteareas, onde se enteran do fusilamento do pai que quedara en Francia, onde foi detido. Profundízase nalgúns aspectos deste periplo, especialmente facendo aflorar a visión da nena que era a entrevistada naquel momento. Aparece agora con máis relevancia a figura da nai que nunca oculta o acontecido e procura que sintan orgulo, contaxiando á vez un sentimento antifranquista na familia. Tamén é interesante a conversa sobre outros represaliados de Ponteareas, incluíndo ao propio tio materno da entrevistada, apresado e levado á illa do lazareto. Librándose da pena tras pagar a súa familia unha importante cantidade de diñeiro e pouco despois marchan a América. Outro dato interesante, xa referente aos anos carenta, é o feito de que a entrevistada e dúas irmás, acoden a unhas oposicións nas que se valora especialmente o ser orfas de médicos. Das que aproban con ela, agás unha o resto son fillas de represaliados.