Entrevista nº 2128

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Outro caso de Marín no que se combina a praxe evanxélica e o sindicalismo mariñeiro. O pai da entrevistada foi condeado a morte e logo conmutada a pena pr cadea perpetua, sendo recluído na illa do lazareto, de onde saíu en 1940. Tivo moitos problemas para poder facerse cos papeis que lle permitisen volver a navegar e utilizou uns dun compañeiro que non navegaba. A entrevistada ademais do caso do seu pai fala doutros represaliados e, tamén volta a sair á luz a figura da "capirota" lembrada muller loitadora e asasinada polos falangistas. Entre os datos máis chamativos, fai alusión a un lugar do concello de Silleda, chamado "Villar", todos os seus habitantes eran protestantes e a maioría dos homes acabaron na illa do lazareto, mentres algunhas mulleres estiveron detidas en Burgos. En canto á actividade do pai antes do 36, pouco pode aportar. Por un lado era moi nena e por outro, o pai non quixo falar moito do tema, especialmente na casa. Ao igual que outros presos na illa, preferíu contar á familia as anécdotas divertidas e enterrar os feitos máis dolorosos.