Testemuño da vilagarciana Carmen Meaños Abuín, filla de Antonio Meaños Abelenda, obreiro do porto afiliado á CNT, vinculado ao Sindicato de Transportes Marítimos, feito preso en Carril o 15 de agosto do 36 e asesinado inmediatamente. A familia é perseguida, xa que 2 tíos de Carmen son feitos presos e a outras 2 tías rápanas. A nai de Carmen escapa pero perde a razón, dando lugar a que o testemuño de Carmen sexa un dos máis sangrantes como nena.