Mariñeiro de baixura dende os nove anos, nacido en Aldán (Cangas do Morrazo). Milita para traballar no sindicato de mariñeiros da localidade, posiblemente da CNT, ainda que el non ten claro estas disquisicións ideolóxicas, si que se posicionou dende novo á esquerda e proclive á República. O seu tio materno, mariñeiro con certa influenza na localidade e que sabía ler e escribir ademais de ter certa cultura, o que o entrevistado sinala coma unha importante cualificación e signo de diferenciación, foi detido no 36 e desapareceu sen saberse nunca máis del. Aos 17 anos Antonio é detido sen que soubese nunca o porque... Inicia un longo periplo carcelario que o leva de Cangas a Pontevedra e logo á illa do lazareto, Vitoria e Valladolid. Logo é posto en liberdade, tendo que presentarse cada 15 días ante a garda civil, logo cada mes, o que dificultaba o seu traballo como mariñeiro. Finalmente remata a súa sanción.
Durante a entrevista da bo número de nomes de represaliados, especialmente doutros rapaces que foron apresados con el e estiveron no lazareto. Ao incicio do seu encadeamento, coñeceu a un mozo, pouco máis novo que el, Manuel Barros (entrevistado) co que compartíu todo o seu proceso carcelario, converténdose en amigos de por vida.