Pequenas lembranzas da folga de 1917. A vida nos anos 20. A proclamación da II República. O seu paso pola aviación en Sevilla, no 28, que abandona polo mal trato recibido. Traballo posterior en Vigo; membro do Sindicato Metalúrxico. A lectura do bando militar e os primeiros intres da sublevación. Relato dun incidente no que resultou ferido. Os rexistros da súa casa, salvándose por terse presentado e levar documentación que o acreditaba. Os socialistas e os comunistas en Vigo. A súa estancia no cárcere. Varios exemplos da represión en Vigo. A súa incorporación a filas, aínda que non chegou a combater. O retorno á casa a normalización da situación.