Entrevista nº 2173

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Sabe dos feitos da fosa común das Pontes: na noite do 5 de Setembro de 1936: un matrimonio xa maior e dous fillos son eliminados por un grupo de seis milicianos falanxistas que na mañá dese día acudiron á casa da familia Ramos con intención hoxe confusa: as fontes orais din que ían en busca de vinganza porque un dos fillos, Manuel Ramos Ferreiro, fora acusado dun homicido anos antes. Manuel Ramos Fernández, con cerca de 70 anos fora concelleiro (primeiro tenente de alcalde) até xuño de 1936 do partido Agrario de Pita Romero e antes emigrante en Cuba, sendo socio de mérito da "Sociedad de Instrucción Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez" que funcionaba na Habana dende 1912. A familia enfrontouse aos falanxistas con forquiñas, resultando ferido Manuel Ramos fillo. Os falanxistas marcharon e regresaron ao atardecer dese mesmo día, un grupo duns trinta entre gardas civís e falanxistas. Unha irmá logra fuxir e refuxiarse en Somozas na casa do cura. Manuel e o seu pai morreron na casa.