Pouco coñece sobre a vida do pai, pero José lembra perfectamente como contemplou - dende os ombros dun veciño que non recorda - o corpo do seu pai recén asasinado e sangrando. Tamén relátanse outros feitos represivos acontecidos na parroquia e as súas vivencias a medida que medraba, xunto co seu irmán, da sociedade do primeiro franquismo e a convivencia cos represores. Tamén relatan como os guerrilleiros - supostamente o foucellas - axustizan ao armador-delator das vítimas do bou "Eva", entre as que estaban uns curmáns de Castelao.