Entrevista nº 2191

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Na entrevista relátase o descubrimento dun mozo que simpatiza cos actos lúdicos de Falange (igual que tantos outros do momento) de que foran os franquistas os que acabaron coa vida do seu pai. Recibe a noticia de boca dun barbeiro antigo compañeiro do pai e xa nunca máis se relaciona con nada que teña que ver co réxime e se posiciona contrario a este. Descubre certos aspectos do acontecido ao pai e relata algúns feitos represivos acontecidos en Rianxo. Finalmente narra a súa experiencia no franquismo.