Neste caso, a entrevista non segue unha orde cronolóxica, senón que dadas as circunstancias das entrevistadas, vai retomando ideas máis que seguindo unha secuencia cronolóxica. Comeza cunhas pequenas pinceladas vitais da entrevistada para adentrarse nos acontecementos da represión do seu home, así coma o irmán deste e a propia irmá da entrevistada. A parte máis congruente é a que se refire á etapa na que Juan Hermida volta de Francia e os acontecementos seguidos, incluíndo o seu proceso e encadeamento no Dueso e as súas relacións posteriores na Coruña