A entrevista organízase en tres claros bloques. O primeiro percorre dende a infancia de Carnero Valenzuela ate a República. A información política é pouca, pero hai bastantes referencias á vida cotiá deste, á casa na que pasou a súa infancia e ao nivel de vida elevado que disfrutaba. Aparece a figura da avoa, liberal e organizadora de tertulias. Logo o colexio, a universidade, a política…
O seguinte apartado está adicado ao golpe e ao acontecido neses momentos. Onde estaba José Carnero, como foi a súa detención e como puido salvar a vida, mentres os seus compañeiros eran fusilados. A partir de aquí nárrase a súa traxectoria carcelaria, pasando dunha dura estancia no castelo de S. Antón na Coruña, ate as minas de Vila de Cruces, onde case morre tras ser agredido por uns asaltantes (el estaba nas oficinas).
O último apartado parte da súa liberación. Refacer a vida, lembrar a república, soportar o franquismo, abandoar a súa vocación de profesor e adicarse a rexentar unha farmacia en Rianxo. Alí é ben considerado e tratado, sabéndose quen é el políticamente. Finalmente chegamos ate a transición, onde amosa as súas simpatías polo PSOE, volvéndose a valorar a súa figura.