A entrevista comeza cunha semblanza sobre a vida do pai da entrevistada, Luís Pereira. As súas orixes familiares, o ambiente na casa, os estudos e as relacións, así como a súa posición política. Seguidamente faise o mesmo coa nai da entrevistada, Ernestina Otero. A partir do seu matrimonio abórdase unha historia común, tratando dende o cotiá ate a experiencia política da II República. Nesta etapa tamén comezan a aflorar as propias lembranzas da entrevistada para ir desembocando na etapa da represión. Trátase aquí do acontecido co pai e a nai, pero tamén con outros membros da familia, así como xentes coñecidas de Redondela. Tras esto a conversa vai derivando cara aos anos do franquismo no que se da conta dende as depuracións ate a fame e a propia traxectoria vital da entrevistada vivindo os acontecementos máis relevantes da dictadura.