Comeza a entrevista facendo unha semblanza sobre a súa traxectoria vital, sen incidir en exceso nos temas políticos ou da represión. Nun segundo bloque, desenvolve dende a súa vinculación inicial á política até o seu papel no PG e algúns aspectos da etapa republicana. Seguidamente abórdase o eido da represión no 36 dende as súas vivenzas persoais e o coñecemento dalgúns represaliados. Na última parte faise referenza ao acontecido dende os anos 40 até a fin da ditadura.