Primeiramente comeza explicando o momento da detención de seu pai e facendo unha breve reseña das orixes e traxectoria profesional dos seus pais e da súa familia. Posteriormente ofrece datos sobre a vivenza da represión na súa familia mentres seu pai está no cárcere e até que é sometido a Consello de Guerra na Deputación de Lugo e finalmente liberado.