Na entrevista un tema vaise ensamblando con outro de modo que comeza falando con bastante coñecemento tanto da súa infancia como da adicación dos seus irmáns represaliados. Incluso lémbra a ideoloxía do seu irmán (socialista) e da súa irmá (comunista). Ten, evidentemente lagoas no que respecta á socialización política destes. Tamén aporta unha completa visión da represión, tanto da padecida na súa familia, como na da comunidade en xeral. Tamén informa sobre algúns represaliados en Cerdedo así como dos que exercían a represión e os seus métodos. Ofrece unha clara visión da primeira sociedade do franquismo, dos represaliados que fican con vida e da súa propia colaboración co PCE, así como vivencias e feitos da guerrilla no contorno, chegando a relatar a excución dun delator. Na última parte da entrevista abórdanse cuestións que van dende a oposición ao réxime ate a visión do entrevistado no tardofranquismo e a transición