Entrevista nº 2238

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Comeza a entrevista facendo unha semblanza do pai dos irmáns Moreno Torres e da propia vida destes durante a infancia e a mocidade até que casan e comezan a traballar, se ben é certo que este apartado non é demasiado preciso, moito menos no caso de José, do que nin sequera pode confirmar a súa profesión, mais si insiste en que viaxaba moito e semellaba ter bastante diñeiro. Nun segundo bloque pasa a falar da represión en si, protagonizándoa os feitos acaecidos ao seu pai. Sen que haxa datos moi exhaustivos si se apreza a intensidade desta e como foi vivida pola propia familia, sendo un tema relevante na experiencia vital de Olimpia. Atribúe a morte por cancro do seu pai á persecución e torturas sufridas. Por contra, apenas sabe nada sobre a traxectoria represiva do seu tío José, contribuíndo a manter a lenda que existe sobre os anos finais da súa vida e a súa morte na Fonsagrada. Tras dunhas breves pinceladas sobre a represión en xeral na Coruña, vai describindo as súas vivenzas na sociedade franquista, dende o colexio até a vida en familia ou o punto de vista sobre acontecementos ocorridos no réxime até a morte de Franco.