Carmen era moi pequena cando seu pai é detido e fusilado en 1936 polo que non garda ningún recordo directo daqueles anos. A súa nai evita falar do acontecido e oculta a realidade dos feitos aos seus seis fillos que descoñecen os motivos da detención e posterior asasinato do pai. Non existe ningunha imaxe de Avelino Chapela. Carmen reconstrúe o acontecido a través de retallos que lle foron chegando ao longo da súa vida. Súa nai sempre evitou falar da guerra e de política incluso coa chegada da democracia.