Entrevista nº 2242

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A traxectoria vital de Antonio Fernández Meniño: a emigración ao Brasil en 1908, a relación co Partido Libertario e a loita sindical. A súa expulsión do país e a volta a Galicia en 1918. A vida en Porriño durante a república. A infancia e a vida familiar. O comezo da guerra e o inicio drepresión na familia: o caso do pai, e dos demáis membros da familia. Os lugares onde se agocha o pai, os veciños que o axudan, os denunciantes, a detención da nai. A vida familiar sen a figura paterna; os verdugos e a súa propia traxectoria vital. 1940, Antonio Fernández entrégase, é detido e xulgado por auxilio á rebelión; a condena e o seu cumprimento. A volta a casa. Xa nada é igual. Outras víctima s. A súa propia experiencia na guerra e a ditadura.