Entrevista nº 2246

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

A entrevista consta de dous claros bloques: un primeiro no que fala do seu pai dende a súa infancia á actividade política, observándose como as relacións e afinidades persoais na aldea o liberaron de sufrir unha represión dura, agás algunha ameaza e golpes. Tamén se fai unha semblanza da represión na comunidade, incluíndose o caso da foxa do Acebo vencellada ao anarquista coruñés José Moreno Torres. Nun segundo bloque céntrase na propia experiencia vital na emigración do entrevistado, dende a viaxe iniciática até a súa primeira toma de consciencia, vencellamento ao PC e periplo carcelario en Bos Aires, para voltar a Galiza, onde desenvolve un intenso labor, sendo detido e procesado, defendido polo seu irmán avogado, tamén vencellado ao PCE.Os últimos anos da ditadura víveos na Coruña repartindo propaganda e prensa clandestina