Nun primeiro apartado, o entrevistado fai unha semblanza da súa familia, centrada especialmente na figura do pai e a relevancia política deste e dalgún tio. Seguidamente, adéntrase nio ámbito da represión, no que destaca, por unha banda o labor desplegado polo seu pai, evitando nun principio represalias sobre os dereitistas no intre do golpe do 36 e logo proporcionando pasapolrtes e evasión a un sinfín de perseguidos polo novo réxime, citando especialmente a moitos mestres de distinta procedencia. Esta tarefa levarao a ter que marchar de Galicia. Tempo antes o fixera o seu fillo máis vello e tamén, case de seguido o seu segundo fillo, o protagonista da entrevista. Este, nun terceiro bloque revela datos do seu periplo dende a súa chegada a Montevideo ate a súa estancia no París dos anos sesenta, sempre pendente da situación política do estado español e en contacto co exilio, especialmente na súa etapa vital en Bos Aires.