Entrevista nº 2267

  • Fondo Nomes e Voces

Resumo

Nun primeiro bloque a entrevistada fai unha semblanza do seu pai, Manuel Gantes Barreiro, dende as súas orixes até os anos da República, resaltando a imaxe de normalidade que presidía a vida e as relacións deste, dende o traballo ao sindicato ou incluso ás actividades deportivas que realizaba, sen que poida precisar moito sobre a significación sindical e política do seu pai, agás a súa clara militancia anarquista, o seu laicismo e a súa destacada cultura. Nun segundo bloque trata da fuxida e proceso vital do pai entre 1936 e 1945, no que se aprofundiza inda máis na vida seguida polos que quedaron na casa, non allea a algúns episodios represivos, aínda que a entrevistada salienta o feito de non seren especialmente reprimidos. Posteriormente abórdase a vida no franquismo, destacando a volta do seu pai á Coruña, a súa detención, tortura e, finalmente a normalización da súa vida e o paulatino desapego da actividade sindical, inda que mantendo os seus ideais, algúns amigos, a visión crítica do franquismo e a súa postura progresista no proceso de Transición